Este sábado, 14 de marzo, será unha data sinalada no devir da política municipal viguesa. Por vez primeira na historia, a xente de Vigo poderá escoller libremente a lista electoral que prefira en base aos candidatos e candidatas que se postularon para a mesma. A votación das primarias da Marea de Vigo será desde as nove da mañá até as nove da noite, na cafetería La Moreneta, Colexio de Arquitectos (COAG), Doutor Cadaval nº 5 (Praza do Pobo Galego).
Un xeito de facer política inédito estase a dar na nosa cidade. Avante a Marea!
No hay comentarios:
Publicar un comentario