O coordinador local
de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera que nunca deberon
saír a concurso para a súa xestión a través de empresas privadas e mesmo algún
deles nin debería "ter sido construído pola cercanía doutros parkings que nunca
están completos".
ESQUERDA
UNIDA considera que a xestión dos parkings directamente dende o Concello a través
da fórmula de empresa pública non só é posible senón que ante a realidade de
que os aparcamentos públicos deberían ser un servizo e non un negocio
lucrativo.
Para
EU o uso do solo e subsolo na cidade é público, polo que perfectamente un
Concello pode asumir a xestión directa do servizo, ofertando tarifas con
bonificacións a traballadores e traballadoras das áreas que comprende a área de
influencia do parking.
Esquerda
Unida considera que a construcción e adxudicación de estos parkings responde,
unha vez mais, a intereses económicos de empresas privadas, facilitados polo
concello, e, unha vez máis, con resultados nefastos na xestión posterior, como
era de esperar, o adxudicar o servizo a empresas que non ofrecian a solvencia
necesaria para a correcta xestión do servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario