ESQUERDA UNIDA DE VIGO URXE UN CENSO PÚBLICO DE
INMOBLES DE TITULARIDADE MUNICIPAL (VIVENDAS E LOCAIS) PARA EVITAR DE XEITO
URXENTE QUE FAMILIAS DE VIGO QUEDEN SEN VIVENDA POLOS DESPEXOS COMO O CASO DE
AÚREA E A SÚA FILLA.
O candidato de EU ao Concello de Vigo Rubén Pérez
volta a reiterar a publicación dese censo, reclamado por EU dende 2010.
O caso de Áurea e a súa filla de 3 anos que sufre
fibrose quística, a piques de ser desafiuzada da súa vivenda, amosa que unha
cidade como Vigo non ten resposta pública ante este drama e para Rubén Pérez
esa resposta chámase: "parque público de vivendas para situacións de
emerxencia"
O coordenador local
de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera factible
igualmente que o debería inventariar e pedir a cesión mediante convenio coa
Consellería de Educación das vivendas de profesores existentes en moitos
centros educativos da cidade “en absoluto abandono” para darlles un uso social.
Para EU de Vigo situacións
como as que está vivindo Áurea e a súa familia poñen en evidencia que a
administración local viguesa, cos sucesivos colores políticos, artellou unha
estratexia de “abandono de políticas de intervención pública en materia de
vivenda” e lembra que existen empresas municipais de vivenda en moitos concellos
que xestionan parque de vivenda propio, resultado de cesións, embargos a
constructoras, etc... e parte do cal incorporase a un fondo social para
familias sen recursos.
Vigo sique tendo
case o 18% das vivendas desocupadas e EU considera que dentro desa gran bolsa
seguro “levamos unha sorpresa do número de vivendas de titularidade local por
procesos de asimilacións de vivendas sociais, de antigas empresas públicas ou
do antigo ministerio de vivenda dos anos 70-80).
EU fai extensible
este censo a locais de titularidade municipal froito de convenios urbanísticos
con constructoras, xa que “eventualmente” podense adaptar para vivenda social
como fan moitos concellos europeos e lamenta o absoluto obscurantismo sobre o
patrimonio inmobiliario público da cidade.