D. LUIS QUINTEIRO FIUZA,
bispo diocesano de Tui-Vigo
Dr. Corbal 90,
36207 Vigo
Vigo, 9 de setembro de 2014
Sr Bispo:
Ante todo agradecerlle o tempo para atender este escrito que esperamos teña en conta e de traslado do aquí exposto ao Concello de Vigo, pertencente ao obispado no que vostede está designado.
Para a maioría da sociedade galega a guerra civil non so foi un tránsito histórico senón que deixou fondas feridas colectivas aínda hoxe non curadas. A sistemática represión durante e despois do conflicto sobre os vencidos levou a traxedia a miles de familias.
Na nosa cidade, unha cidade obreira e destacadamente republicana, a represión levouse por diante activistas políticos e sindicais, mestres, cargos institucionais e sen dúbida moitos deles católicos.
O uso absolutamente falaz e arbitrario que o chamado bando nacional fixo da simboloxía cristiá deixou centos de monolitos, estatuas, placas, etc... que, sen perder a súa significación de lembranza da vitoria sobre os opositores, pretendían identificar o pensamento e práctica cristiá coa brutalidade da represión absolutamente incompatible cos valores da igrexa católica na súa formulación doctrinaria.
Por iso non entendemos como dende o Concello de Vigo, fronte a unha sentencia clara e concisa (que adxuntamos para o seu coñecemento), seña formulado un recurso contra a retirada da chamada Cruz do Castro, inagurada polo dictador Francisco Franco en 1961 en homenaxe aos caídos no bando nacional durante a contenda.
E non o entendemos porque coincidimos con moitos e moitas católicos que non entenderían o outorgamento de "símbolo relixioso" a un evidente alegato a favor da eliminación fisica do opositor político e da manipulación por parte do fascismo do lexítimo dereito á crenza relixiosa.
Por iso solicitamos que vostede faga valer a autoridade que a súa figura otorga para que o Concello retire o recurso, asuma a retirada da Cruz do Castro e evite que se abra un conflicto sobre a, para nós e para a propia sentencia, inexistente simbolixia cristiá do conxunto monumental.
Moitas grazas pola súa atención
Rubén Pérez
Coordinador local de EU en Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario