viernes, 3 de agosto de 2012

52 anos de terrorismo contra Cuba (tamén mediático)

Rubén Pérez*

O 4 de marzo de 1960, catro meses despois da entrada dos revolucionarios do movemento 26 de julio na Habana, estoupaba o vapor belga La Coubre no porto capitalino causando a morte de máis de 100 personas e 200 de feridos. A illa asistía a un feito que constituía a primeira acción terrorista contra a xoven revolución cubana que viña de derrocar a un dos dictadores máis corruptos e sanguinarios do continente nesa altura, o xeneral Fulgencio Batista.

Hoxe en día no mesmo lugar conservanse o restos retortos do vapor como memoria presente do inicio dunha das campañas de acoso, violencia e denigración diplomática máis lonxevas da historia recente do mundo.

Moito antes de que a revolución Cubana decidise o seu camiño pola senda do socialismo, moito antes da creación do Partido Comunista de Cuba sobre os cimentos do PSP, antes da chegada do primeiro barco soviético ou mesmo de que se decidise o sistema político a construir, moito antes, o proceso revolucionario cubano xa estaba condenado a morte.

Cuba tiña asinada esa condena de morte polo país que posiblemente empregue de xeito máis evidente e constante o terrorismo de estado, os EUA. Nin siquera disposto a reconsiderala trala visita do propio Che a Washington nos albores do proceso para pedir unhas relacións económicas e diplomáticas normais cun país cuxa economía dependía dun 90% da norteamericana en 1959. A resposta norteamericana foi que non ian renunciar a esa relación de dependencia colonial que tan ben lle funcionara dende que desplazaran a España da illa mediante outra campaña mediática e de autoterrorismo fomentada polo afamado magnate Hearst e que cristalizou na voadura do acorazado Maine na Bahía da Habana en 1898.

O primeiro goberno despois da dictadura de Batista presidido por Manuel Urrutia e con José Miró como primeiro ministro intentaron dende un primeiro que fóran os USA os que recoñeceran a plena soberanía cubana. Na realidade amosouse como imposible porque a partir de maio de 1959 o goberno cubano, en exercicio da súa soberanía nacional, decretou unha Reforma Agraria que na práctica devolvía as terras ao pobo cubano despois de anos de enaxenamento por parte das grandes industrias agrarias norteamericanas como a United Fruit Company. A resposta norteamericana foi deixar de comprar toda a producción azucareira cubana o que constituía a paralización total da economía da illa. Foi ese feito o que lle deu unha oportunidade de ouro aos países do bloque soviético ao aceptar comprar toda a zafra azucareira cubana e tender pontes comerciais e de axuda coa illa que se manterían ate finais dos 80.

Do mesmo xeito Cuba pretendeu, inxenuamente, que a súa independencia e soberanía nacional fose recoñecida en ámbito internacional, dende o respeto a un proceso de enpoderamento dunha cidadanía profundamente marcada por siglos de dependencia colonial e polo castigo divino de ser espacio xeográfico estratéxico para potencias de todo tipo, especialmente os EUA que dende vello consideraban á illa como “esa fruta madura baixo a cal hai que poner a man para que caia sen esforzos no noso poder” como literalmente dixo o presidente Adams e que logo viu cristalizar na impresentable enmenda Platt.

Dende esa data centos de intentos de asasinato de líderes cubanos, bombas en complexos turísticos e civís da illa que causaron incluso a morte de turistas extranxeiros como o italiano Fabio di Celmo en 1997, asasinato de diplomáticos cubanos no extranxeiro (hoxe mesmo coñecemos a aparición dos restos do diplomático asasinado en Bos Aires nos anos 70) a infame invasión de mercenarios polas praias de Bahía Cochinos, o brutal asasinato por parte do terrorista Posada Carriles (que pasea sen problemas por Madrid e Miami) de 73 civiles cubanos na voadura en pleno voo do avión de Cubana con orixe Barbados en outubro de 1976, a recoñecida por parte do axente do FBI William W. Turner guerra bacteriolóxica mediante a propagación unha fulminante epidemia de dengue hemorráxico 1981 e para cuxo efectivo combate os Estados Unidos negaron o suministro urxente de equipos e de preparados químicos causando en poucas horas a morte de centos de nenos na illa; a presencia constante e nada disimulada de axentes da SINA en Cuba financiando sen complexos operacións propagandísticas e de sabotaxe, e sobre todo, a nova extratexia de presentar unha suposta disidencia interior que existe mentras cheguen as remesas de dólares e euros aos petos de oportunistas sen escrúpulos.

Cuba decidiu soberanamente sobrevivir á caída do campo socialista, pasar un terrible periodo especial provocado pola negativa dos USA a reconducir as relaccións comerciais con Cuba e manter un bloqueo económico brutal e sen parangón nas relaccións económicas internacionais. Cuba decidiu a pesar do acoso e derribo durante a crise dos balseiros, do neno Elián, do acoso diplomático español na UE continuar con un proceso de soberanía e independencia nacional. ¿Qué significado ten esa loita e resistencia?:

Pois especialmente que Cuba ocupa o puesto 51 no «Índice de desenvolvemento humano» elaborado por pola ONU sendo o cuarto entre os países latinoamericanos, despois de Chile, Argentina y Uruguay). O mesmo Rajoy que da recetas para Cuba recibe este mes unha reprimenda da ONU polo empobrecemento brutal do 21% da poboación

Decir que en Cuba non existe democracia porque o seu sistema electoral e político non é multipartidista é prostituir o concepto de democracia e reducilo exclusivamente a presencia de partidos independentemente dos sistemas electorais ou grupos de poder que os promocionan. ¿É democracia o teito do 5% para acceder á representación electoral municipal ou que un deputado do PP custe seis veces menos que un de IU en España? ¿É democracia impedir que un partido como Sortu participe nun proceso electoral e posteriormente o xuiz recoñeza ese dereito? ¿É democracia Marrocos ou Exipto co seu sistema multipartidista ou a persecución a opositores en Hungría? ¿É democracia un sistema electoral como o Grego que regala 50 deputados á lista máis votada? Identificar eleccións multipartidistas a democracia é perverso. Democracia son dereitos individuais (participación política e sindical, sanidade, educación, cultura...) e colectivos (soberanía, independencia nacional...), o resto son formulacións das democracias burguesas que en Europa están empezando a demostrarse como as menos democráticas independentemente do seu suposto multipartidismo igualitario.

¿É democracia que a Asamblea Xeral das NNUU vote sistemáticamente en pleno en contra do bloqueo a Cuba cun resultado de 186 votos contra o bloqueo e 2 a favor (EEUU e Israel) e o bloqueo inxusto e inhumano siga adiante?

Pretender vender a idea de que nunha Cuba acosada polos USA e o brutal bloqueo económico e diplomático é posible a aparición de partidos endóxenos sen influencia norteamericana é surrealista. A esclerótica oposición cubana existe porque existe os cheques e a compra de vontades da intelixencia occidental, feito que queda evidenciado nas remesas económicas españolas que o militante de NNGG Carromero pretendía entregar a Oswaldo Payá, fracasado intento de líder dunha oposición incapaz de lastrar a rama terrorista de Miami e que sistemáticamente está enfrentada internamente entre os que entenden vías de diálogo e os que siguen apostando pola bomba real e a mediática nos medios dispostos a activala.

*Coordenador local de EU en Vigo, membro do Comité Federal do PCE




No hay comentarios:

Publicar un comentario