QUE É A CAMPAÑA POLA AUGA PÚBLICA EN VIGO?
ORIXES
DA CAMPAÑA
Antes de 1990 o servicio de auga e saneamento
na cidade de Vigo era xestionado mediante unha empresa pública EMAVISA e como
empresa pública funcionaba con orzamento base 0 porque entendía como
indispensables os gastos necesarios en infraestructura para garantir o servizo,
igualmente pagábase por consumo .
As presións que grandes corporacións como FCC
fixeron ao goberno socialista de Felipe Gonzalez a nos anos 90 para que ser
privatizaran todos os servizos públicos municipais non fóron alleas aos gobernos
locais e en Vigo a corporación presidida por Manuel Soto decidíu privatizar o
servizo en 1990 dando lugar a SERAGUA, empresa privada que modificaba
sustancialmente o xeito non só de xestionar o servizo senón de FACTURALO,
empezando a funcionar en adiante o sistema de pago por bloques que introducía o
feito de que pagábase un primerio bloque de 30 metros cúbicos aínda que a
maioría dos veciños e veciñas non chegaban a tal consumo.
O negocio da auga privatizada foi vento en
popa, FFC fíxose con gran parte dos servicios en grandes e medianos municipios e
en 2001 creou un novo grupo chamado AQUALIA que convertíuse nun auténtico lobby
con poder ante concellos e partidos políticos representados.
O propio plego de concesión establecía unha
serie de medidas que deixaron ao concello sen capacidade negociadora ante
AQUALIA, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra (saldo
agotado fai anos) e a permitir unha tarifa abusiva e que non contribúe ao
aforro, por poñer un exemplo: unha familia que consuma 10m3 e unha que consuman
30m3 pagan case o mesmo. Xa que a primeira paga 34,24 euros/bimestre e a segunda
30m3 paga 38,42 euros. O truco está en establecer un primeiro bloque de 30m3,
sendo esa pequena diferencia ó "canon de saneamento", xa que por
"abastecemento", "saneamento"e "cota fixa" páganse 32,15 euros aínda que non
abras nin un grifo.
Os incrementos de tarifas dende a privatización
foron monumentais, sobre todo nunha cidade donde a maioría das familias consume
realmente menos de eses 30 metros cúbicos fixo de agua. Igualmente a excusa da
empresa do agotamento das inversións recollidas no plego fai que dende anos non
se melloren acometidas e se mellore a rede ante a indiferencia cómplice das
corporacións que fóronse sucedendo con maiorías do PSOE, BNG e PP.
A concesión inicial de 25 anos remata no 2015
pero o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, contraviñendo incluso informes técnicos
que o contradecían quere prorrogar outros 5 anos máis (ate o 2020) a cambio de
recursos económicos otorgados pola concesionaria.
A finalización da concesión de AQUALIA é un
momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e evitar
xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o
artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Consideraos
que é necesario un novo modelo de xestión que incentive o aforro no uso
doméstico, de servicios e industrial, que obrigue ás industrias á depuración
selectiva das súas augas residuais e a reciclalas correctamente, que obrigue a
reutilizar a auga depurada na EDAR, aireada e saneada, para usos de xardiñería
e limpeza de rúas.
Non podemos permitir que unha empresa privada
siga empregando as malas decisións políticas: privatizacións, plegos con
cláusulas desventaxosas para o Concello.... como escudo para enriquecerse á
costa dun dereito como é a auga, un dereito que ten que ser, como tal, público e
que busque a xustiza impositiva na sua sustentabilidade económica.
¿QUE PRETENDEMOS ENTÓN?
¿QUE PRETENDEMOS ENTÓN?
Neste momento o obxextivo é recoller o 8% de
sinaturas do censo electoral de Vigo tal e como solicita o ARTIGO 35 do
Regulamento de Participación cidadá de Vigo e a Lei Orgánica 2/1980 sobre
referendos e as súas modalidades:
Artigo 35 do REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ:
Correspóndelle ao Concello realizar
os trámites pertinentes para celebrar a consulta cidadá sobre materias da súa
competencia. Tamén se poderá celebrar consulta cidadá a petición colectiva,
asinada por un mínimo de veciños non inferior ao 8% do censo electoral
municipal, logo da resolución dos acordos interesados. Todo o que non prevé este
artigo regularase conforme o disposto na lexislación estatal ou da Comunidade
Autónoma, especialmente a Lei Orgánica 2/1980 de 18 de xaneiro, regulamentadora
das diferentes modalidades de referendo.
INTENCIÓN DA CAMPAÑA:
O Concello de Vigo, contra o criterio do propio
interventor municipal que fixo un informe negativo, decidiu en comisión de
goberno ampliar a concesión da auga e o seneamento á AQUALIA, concesionaria
dende 1994 do servicio trala privatización de entón da empresa municipal
EMAVISA.
Queremos que se someta a referendo esta
concesión xa que defendemos que era o momento idóneo para artellar unha volta ao
sistema público (en forma de empresa municipal de augas) que abaratase o
servicio e promovera a eficiencia e o aforro de recursos.
NÓS
DEFENDEMOS ESTA REMUNICIPALIZACIÓN PERO NESTA FASE PEDIMOS ALOMENOS QUE A
CIDADANÍA DE VIGO POIDA DECIDIR PUNTOS A EXPLICAR Á
CIDADANÍA:
1. Dende fai anos ESQUERDA UNIDA ven denunciado
o encarecemento e o interesese económico da xestión pública da auga, que é un
recurso natural e un ben universal polo que o acceso a ela ten que ser garantido
como un dereito humán
2. A finalización da concesión de AQUALIA era
un momento idóneo para plantexar a volta a unha EMPRESA MUNICIPAL DE AUGAS e
evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo
tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente
progresiva.
3. no estado español estímase un consumo medio
diario por persoa de 157 litros por persoa e, con todo, o consumo medio por
persoa que se considera eficiente é de 100 a 120 litros por persoa.
4. Dende que se privatizou a auga en Decembro
de 1990, o recibo da auga en Vigo aumentou nun 73%, máis do doble ca
inflacción.
5. Tomando base 100 o precio do recibo
bimensual con un consumo de 30 m3 para xaneiro de 1999, o precio dese recibo era
147 en xaneiro de 1995 e 173 en xaneiro de 1999. Dende o punto de vista dunha
xestión ambiental que pretenda o incentiva-lo aforro dese recurso básico é
absurdo que se pague sobre un consumo mínimo de 30 m3/recibo bimensual ainda que
o consumo sea menor.
6. Dende un punto de vista social, dado que se
trata dun recurso vital, sería lóxico que houbera un consumo mínimo gratuíto, e
partir de haí unha forte progresividade da tarifa de xeito que se incentivase o
aforro de auga, e pagase máis en termos absolutos e relativos, quen máis
consume.
7. Moitas moitas persoas descoñecen que o
servicio de auga e saneamento en Vigo foi xestionado por unha empresa pública
ate que de xeito interesado foi privatizada polo goberno municipal. Estamos ante
un feito non aillado senón que foi un proceso que se viviu de xeito análogo en
moitos paises europeos, os mesmos, como Italia ou Francia, que agora cuestionan
estas privatizacións e comenzan o proceso de remunicipalización da auga. Incluso
Italia celebrou un referendo para vincular definitivamente a auga ao sector
público e impedir á privatización da mesma.
8. Prentedemos que sexa dende a participación
cidadá e o referendo público dende onde parta a defensa dunha remunicipalización
do servicio de augas e saneamento de Vigo, polo tanto recollerá sinaturas de
acordo co REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO
No hay comentarios:
Publicar un comentario