..............Efectivamente hai unha situación internacional que rema contra os nosos asteleiros. A “pertinaz sequía” en forma de crise financeira que impide aos armadores dotarse de inversión de capital para abordar a costosa construcción de buques, disponibilidade histórica dunha amplia flota de barcos ociosos (calcúlase que en 2010 había no mundo 10.000 barcos en condicións de navegabilidade parados por inactividade).
...............Efectivamente o apoxeo de carga de traballo do sector viuse abaixo a partir de 2007 e será dificil recuperar a masa laboral deses anos nos asteleiros e subcontratas.
...............Efectivamente estamos secuestrados por un modelo de construcción europea que impide o control público das empresas do sector, que prioriza o sector servicios para a eurorexión Galicia-Norte de Portugal e que actúa torticeiramente a favor do sector industrial alemán e as súas deslocalizacións: Polonia, República Checa....E que ataca o sistema de financiación “sui generis” que é o tax-lease mentres permite que a versión 2.0 do mesmo perviva en Italia, Alemania ou mesmo Portugal.
...........E efectivamente unha patronal ultramontana, cateta e usureira obligou ás plantillas a realizar folgas, peches e paros ante os graves incumplimentos do convenio, ante o intento de desnortar un dos poucos convenios colectivos con garantías laborais da provincia.
Pero este non é o problema principal...........
Aquí temos uns propietarios, inversores ou donos que entre o 2000 e o 2007 fixeron inxentes cantidades de beneficios no sector en base o aproveitamento da conxunción: bonanza do sector, subcontratación e choiva de axudas públicas directas ou indirectas. E temos esa fauna que pecha o ano 2010 no asteleiro Barreras decindo que o exercio é positivo e uns meses despois informa de que teñen un buraco de 60 millóns de euros que non só hipoteca o futuro de asteleiro senón dunha considerable parte das auxiliares que agoran son acreedoras nesa lei concursal.
Aquí temos unha sociedade público-privada (Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión (Pymar) que nin se pronuncia, nin sirve para afrontar o sutil sistema de garrote vil ao que a UE somete o noso sector.
Aquí temos un goberno covarde que non planta esta afrenta e dí “a renacionalizar os asteleiros para sacar aos que pretenden facerse multimillonarios coas plusvalías dun sector esencial para unha parte importante dos concellos e vilas costeiras do estado español”
Do sector naval de Vigo saíron os novedosos conxeladores dos anos 50-60, Tamén os ferris, sísmicos, os off-shore, os grandes atuneiros
De Vigo, das rúas e da movilización social, tamén sairá seguramente o penúltimo flotador ao que amarrar a un sector amenazado pola inoperancia da clase política gobernante e dos buitres da plusvalía peiteados para atrás e que orquestan o banquete dende as torres do club financeiro de Vigo.