Rubén Pérez Correa
Coordenador Local de ESQUERDA UNIDA en Vigo
Paseniñamente, case de xeito imperceptible ven de aparecerse na nosa realidade diaria colmada pola omnipresente crise un novo buraco o que temos que atender para evitar a zozobra do noso armazón institucional: a financiación dos concellos. Non é nada novo xa que dende fai máis de 30 anos os concellos do Estado español viñeron reclamando unha solución xusta en materia de financiamento, solución que lonxe de achegarse foise demorando dun modo inexplicable no tempo. Eso sí, ante esta falla de novidade temos unha urxente necesidade de solucións nunha coxuntura de crise económica brutal.
Desde o inicio da democracia no noso país todas as forzas políticas incluíron entre os seus eixes programáticos e compromisos electorais, mellorar o financiamento municipal, e sempre a FEMP suscitou como prioridade resolver o marco competencial e de financiamento dos concellos. Non soamente foron os concellos , os partidos políticos, senón tamén o Congreso e o Senado, cámaras de representación da soberanía popular, quen en reiteradísimas ocasións aprobaron ao longo dos anos numerosas mociones, proposicións etc. instando ao goberno de quenda a que resolvese o problema de financiamento deficitaria dos Concellos do noso país. Mais aínda ,todos os Presidentes de Goberno , nas reunións mantidas cos representantes dos Concellos comprometéronse a abordar sen demora o marco competencial e de financiamento dos concellos.
Durante 30 anos recoñeceuse a xustiza da reivindicación municipal, adoptáronse decisións institucionais que se teñen incumplido dun modo flagrante polos gobernos do PP e do PSOE a nivel estatal.
Lonxe de avanzar en mellora-lo do financiamento ,nestes anos, producíronse decisións e feitos que foron agravando a situación ata límites insostenibles. Os concellos, ante o deixamento doutras administracións, foron asumindo competencias impropias que se están financiando con recursos municipais cando deberían ser financiadas por outras administracións , se a iso unimos un financiamento insuficiente e inxusta, un modelo desigual , confuso e parcial, decisións como a retirada do IAE sen a compensación oportuna por parte do Estado e a crecente demanda social de servizos ,podemos concluír que se chegou a unha situación realmente limite.
Así o entendeu a Asemblea da FEMP ,celebrada o ano pasado, que centrou boa parte do seu debate e resolucións na necesidade de abordar sen mais demora este reto esixindo ao goberno da nación e tamén aos gobernos autonómicos que asumisen as súas responsabilidades e que abordasen xunto aos concellos un novo marco de financiamento local que non podía illarse do debate do financiamento autonómico senón camiñar de forma conxunta e que debia perseguir, desde a corresponsabilidad competencial e financeira , o obxectivo de asumir os retos da cidadanía para o século XXI.
Os concellos , os pobos e as cidades , foron auténtico motor de cambio no noso país nos últimos 30 anos, poden e deben xogar un papel crave para conseguir a igualdade de oportunidades dos cidadáns e para incrementar a cohesión social, poden e deben ser a institución que con maior rapidez e eficacia poden dar resposta ás necesidades dos cidadáns, poden e deben ser espazos de convivencia e integración e son sen ningunha dúbida o primeiro lugar ao que acoden os cidadáns buscando solución aos seus problemas, unhas veces de competencia municipal e a maioría de veces de competencia doutras administracións.
Para cubrir estes obxectivos son imprescindibles máis recursos. Moitos concellos, presos da necesidade de dotar de financiamento estos servicios tiveron entón no desbocado sector da construcción e das súas suculentas licencias unha fonte de financiamento rápida e eficaz que paliaba a deixadez de outras institucións públicas.
Nesta tesitura non é inusual ver aparecer planeamentos urbanísticos como o do PXOM de Vigo, onde se artella a construcción de 120.000 vivendas, e dicir, se duplica o parque total de vivendas no Concello, algo que estaba forra de calqueira previsión demográfica pero que, coas contas da leiteria dalgúns cargos públicos desaprensivos, se traducia a miles de euros en licencias urbanísticas.
Coa desaceleración e posterior caída en picado do sector inmobiliario os concellos teñen visto desaparecer un maná o que estaban acostumados. Nalgúns casos máis do 40% do presuposto baseábase nos impostos e tasas directamente relacionadas coa construcción.
Neste contexto a situación dos concellos e especialmente delicada agora. Das reclamaciones da FEMP, das aprobacións do Congreso e o Senado, dos compromisos das diferentes forzas políticas non se ten obtido nada concreto que mellore a situación dos concellos, que hoxe so se pode calificar de lamentable, monito peor en porcentaxe de asignación de recursos que fai 25 anos. Hoxe a participación dos concellos no gasto publico estatal é inferior ao de fai 25 anos.
Cando o debate atopábase nesta fase vímosnos sorprendidos polas propostas do Ministro de economía de entón o Sr. Solbes, que incluíu entre as propostas para o anteproyecto de orzamentos que presentará o Ministerio de Economía e Facenda unha REBAIXA dos recursos que van destinados aos Concellos para o ano 2009. Era a primeira vez nos anos de democracia que a asignación municipal no marco do Orzamento Xeral Do Estado podería reducirse. Se non fose tan grave parecería un sarcasmo.
Agora asistimos a un novo proceso no que o goberno pretende impedir ó acceso dos concellos ó crédito con entidades financieras como método de financiamento do complexo armazón dun ente local: obras, infraestructuras, dotacións, etc...
Agora asistimos a un novo proceso no que o goberno pretende impedir ó acceso dos concellos ó crédito con entidades financieras como método de financiamento do complexo armazón dun ente local: obras, infraestructuras, dotacións, etc...
Faise esta proposta por parte do goberno no marco dun debate sobre a crise e a suposta necesidade de austeridad nas contas publicas, austeridad por certo que só prevese para a administración municipal que está sufrindo dun modo considerable a redución dos seus recursos como consecuencia da crise económica e o parón da construción.
O endebedamento dos concellos é algo a erradicar, pero non mediante propostas como esta que deixan ós concellos sen alternativa para xestionar gastos propios e impropios e porque unha vez mais se esta pretendendo que a parte mais fráxil da administración siga asumindo grandes retos con escasos recursos.
Todos sabemos que en épocas de crises é imprescindible que existan recursos suficientes para paliar as necesidades das clases populares que son victimas do paro, as hipotecas, o aumento dos prezos en produtos básicos etc. Todos sabemos que eses cidadáns ao primeiro lugar ao que acoden coa súa angustia e as súas necesidades é aos Concellos.
Por iso reducir a achega estatal aos concellos como xa se ten feito ou liquidar o acceso ó crédito dos concellos é sen dúbida reducir o gasto social que podería axudar a que non paguen a crise en solitario, unha vez mais, os de sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario