domingo, 23 de febrero de 2014
OS TOLOS ANOS 90
Se a resaca dos rápidos anos
80 foi tremenda para unha parte importante dos mozos e mozas do noso país para
o entramado institucional dos nosos concellos non o foi menos. A finais desa
década, pero especialmente a partir do primeiro lustro da seguinte, a
privatización de servizos e empresas municipais foi a antesala dun modelo de
desenvolvemento económico que priorizaría a desregulación de actividades
produtivas da xestión local introducindo os criterios mercantís de
produtividade e rendabilidade na xestión non so dos servizos, senón tamén de
empresas municipais públicas.
O argumentario naque4la altura
era que xestionar directamente dende o concello era “caro, ineficaz e cheo de
irregularidades” e que a entrada de empresas privadas, especialmente
construtoras e empresas de servizos, garantiría un abaratamento do custe
efectivo do servizo ao cidadán. Vigo non viviu allea a esta moda neoliberal, en
poucos anos a empresa pública de augas, EMAVISA, pasa a mans privadas,
desaparecen case todas as brigadas municipais de vías e obras e construtoras
empezan a florecer nos plegos de contratación municipal, especialmente a partir
do boom do ladrillo e coas reformas lexislativas do goberno Aznar.
A entrada da “competencia en
libre mercado” na xestión local de obra pública, auga, residuos, mesmo da
xestión tributaria, amosase agora non só como máis cara, algo recoñecido polo
mesmo Tribunal de Contas do Estado, senón como un caldo de cultivo perfecto
para a corrupción de cargos públicos locais.
Favorecidas por unha infame
lei de contratos públicos, a golpe de sobre e mariscada, moitas destas empresas
parasitarias do público conseguen amoldar plegos, condicións do servizo e facer
do mesmo un negocio lucrativo. Empresas privadas que a cambio de contratación
directa de familiares conseguen un “laissez faire” no cumprimento de plegos,
que pasean polos nosos concellos como “padrone” da mafia, ofrecendo a man para
que a biquen cargos políticos, algún traballador público sen escrúpulos e
diversa fauna que fai do consistorio un coto privado de caza.
Curioso escoitar agora a
defensores deste modelo neoliberal de xestión blasfemando contra actuacións
como a Pokemon, Patos, Carioca... por estar “xudicializando a política”. Nada
máis erróneo, estamos a xudicializar o delito; actuación precisa e necesaria
para resetear a administración pública e construír democracia. Se nos deixan,
claro.
Rubén Pérez Correa
Coordinador
local de Esquerda Unida en Vigo
Etiquetas:
concellos,
corrupcion,
vigo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)