lunes, 23 de julio de 2012
jueves, 19 de julio de 2012
A VOADURA CONTROLADA DAS CAIXAS DE AFORROS (INTRA E EXTRAMUROS)
En 1996, nada máis chegar ao goberno, Jose María Aznar recibía en Moncloa á AEB (Asociación Española da Banca) organización patronal que viña cunha demanda que, non por antiga, deixaba de cobrar contemporaneidade coa chegada ao goberno da dereita. Esa demanda era unha teima histórica da banca española de liquidar a competencia, para eles desleal, das caixas de aforros semipúblicas porque entendían que competían de xeito ilexítimo cun sector bancario normativizado é sometido a un control férreo do Banco de España e do Banco Central Europeo.
Nesas alturas as Caixas de Aforros seguían sendo xurídicamente “entidades de aforro sen afán de lucro” pero que “actuaban na lóxica de mercado” que para os máis avispados non é outra que o “máximo beneficio e polo tanto un lucro evidente”. 42 Caixas de Aforros que curiosamente atesouraban máis do 50% do aforro familiar do estado, liquidez exquisita para unha banca que, por acción ou omisión, tiña que financiarse non mercados internacionais.
Dous anos despois, coa oposición única e exclusiva de Izquierda Unida, o goberno do PP aproba unha lei do solo que na práctica ampliaba de xeito brutal a edificabilidade nos concellos do estado e lanzaba ás entidades locais, escuálidas en canto a recursos financeiros polo escaso traspaso competencial cara elas acordado na transición, a unha guerra despiadada por trocar PXOMs e normativas de edificabilidade para que fora o sector do ladrillo o que sustituira na práctica á necesaria reforma da financiación municipal recollida na Lei reguladora de Bases locais que dende lonxe pretendía ser para o municipalismo español o cabalo de troia para que os concellos asumisen o 33% da recadación impositiva global.
O desparrame urbanististo empezou a ser un maná para promotores, constructores e concellos e as caixas de aforros consideraron oportuno que ese aforro familiar que atesouraban tivese un uso máis lucrativo que o da obra social, as rondallas ou o pequeno crédito empresarial e familiar. As caixas, axudadas por modificacións normativas oportunas empezaron a xogar a ser Bancos, con todos os atributos económicos que isto supón.
É certo que os partidos tiñan coutas de representación nas caixas (como os concellos, ou casos curiosos como corais polifónicas, asociacións de viúvas, etc...) pero máis certo é que quen decidían finalmente eran “pequenos executivos saídos dos consellos de administración” sen control político, un politburó económico que furtaba se xeito evidente á información aos lexítimos representantes nas estruturas das caixas e que fóronse configurando nunha elite pechada coa complicidade por deixación, centos de veces denunciada por partidos e sindicatos, do Banco de España.
Cando Caixanova prestaba varios millóns de euros ao Pocero para facer bloques de apartamentos en Seseña o concepto de entidade pegada á terra que algúns querían vender, quedaba en papel mollado. O propio Gayoso recoñecía nun foro de internacionalización celebrado fai uns anos en Vigo que “a oficina máis rendible de Caixanova era a de Miami”, porta de entrada do capital especulativo galego nesa altura en latinoamérica.
O estoupido da burbulla inmobiliaria e os seus precedentes macroeconómicos mundiais foron somentes a espita inicial. A reforma da lei de caixas, o FROB, as fusións mornas, quentes o frías son consecuencia desa falla de capacidade de control político e sindical das caixas. IU sempre defendeu que o control tiña que ser nos parlamentos autonómicos, con comisións parlamentarias permanentes, porque ter un representante nun consello no que non existía información veraz e real non tiña sentido. Incluso os partidos en ocasións perdían o control orgánico sobre cargos que actuaban fóra e ao marxe das decisións políticas que os órganos tomaban sobre o sistema financeiro. Ou, no peor dos casos, como en Bankia, eses cargos eran cooptados como membros dos consellos das novas caixas bancarizadas sen que mediase control e decisión política algunha como en Bankia.
Foron o PSOE e o PP os que asumiron como certa e oportuna a vella demanda da AEB de liquidar as caixas. Argumentaron o seu perigo para o sistema financeiro sen obrigarlle a voltar a ser caixas sen afán de lucro, con orientación social e cun mascarón de proa evidente como a Obra Social. Foron decisións políticas as que decidiron que o pouco control político e sindical desaparecera, que ningún presidente de caixas de aforro tivese que comparecer nos parlamentos autonómicos cando se artellaban nelas leis de caixas. O tempo amosou que o que se buscaba era que a banca descapitalizara o vello sistema de aforro local, que os culpables de meter ás caixas a xogar na ruleta de casino inmobiliario quedaran impunes.
O descontrol sobre consellos de administración que se blindaron salarios, xubilacións e indemnizacións teñen unha responsabilidade política evidente, pero non de todos. Hai partidos que pediron nacionalización de Caixas xa nos 90, cando das caixas saíron promotoras e tasadoras, cando crearon fórmulas financeiras nada acordes co pasado das mesmas, moitas delas montes de piedade na súa orixe. Había partidos que reclamaban control parlamentario das mesmas, elección parlamentaria dos seus órganos colexiados. Pero por desgracia había partidos que con gusto convertían ás caixas en instrumentos de financiación de chaladurías como o aeroporto de Ciudad Real (CCM), macrourbanizacións en Alicante e Murcia (CAM) ou mesmo a extensión brutal da rede de oficinas fora das comunidade de referencia como a compra da rede de oficinas de BNP Paribas por 4.500 millóns de euros por parte de Caixagalicia no ano 2000 para cerralas apresuradamente anos despois.
Na deixación formal de funcións no control do sistema financeiro español, que actuaba acorde ese mantra hoxe desaparecido de “non intervir na economía”, hai responsabilidades claras, perfectamente xudicializables:
- En primeiro lugar decisións políticas dos anos 90 e 2000 como a modificación da Lei Hipotecaria ou non artellar un sistema de financiación real e ponderado dos concellos para evitar que foran parte de especuladores.
- En segundo lugar do Banco de España e do BCE por non controlar e intervir nas decisións estratéxicas das Caixas de Aforros, os interventores do Banco de España non dixeron nin “mu” cando CCM, xurdida da fusión das caixas provinciais manchegas, empezaba unha expansión brutal no levante e Madrid apoiada pola marcha de promotores á esas zonas.
- Seguro que en terceiro lugar hai unha responsabilidade política. Pero non global, políticos tamén había en CAJASTUR e KUTXA que decidiron non investir no ladrillo, orientar os recursos á financiación de empresas, pymes e enfatizar as potencialidades da Obra Social. E políticos había no parlamento cando reclamábase que non se lle entregara “gratis total” ao BBVA tres fichas bancarias esenciais para formalizar unha BANCA PÚBLICA como foron o Banco de Crédito local, o de Crédito Hipotecario e o de Crédito Industrial.
Rubén Pérez Correa
Coordenador local de EU en Vigo
Coordenador local de EU en Vigo
martes, 10 de julio de 2012
MANIFESTO: Vigo en apoio das reivindicacións das zonas e comarcas mineiras
Hoxe chegaron a Madrid centos de mineiros de diferentes zonas e comarcas do Estado que seguen mantendo en explotación minas de carbón tanto de interior como ao descuberto. Hoxe en día aínda dependen deste sector miles de postos de traballo, tanto directos como indirectos, repartidos en todas as concas mineiras.
O Goberno de España, a través do Ministerio de Industria, conxuntamente coa Patronal Carbunión e os sindicatos máis representativos do sector do carbón, UXT e CCOO, asinaron o 28 de marzo de 2006 o PLAN NACIONAL DE RESERVA ESTRATÉXICA DE CARBÓN 2006/2012 E NOVO MODELO DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL E SUSTENTABLE DAS COMARCAS MINEIRAS.
Devandito Plan contemplaba distintas liñas de axudas moi importantes para a economía das comarcas e municipios mineiros.
- Axudas á produción
- Axudas a soportar custos sociais
- Axudas á reactivación (formación, proxectos empresariais e proxectos de infraestruturas)
A situación actual do sector do carbón atravesa un momento complexo, condicionado ao cumprimento do Real Decreto de Garantía de subministración e á Decisión Europea do 10 de decembro que condiciona as axudas á produción ao peche das explotacións mineiras con data 2018, creando neste momento unha gran incerteza de futuro tanto para as empresas mineiras aragonesas como para os municipios mineiros.
Esta situación agrávase en gran medida coa incongruente decisión tomada polo Goberno central do PP de aplicar un recorte brutal en cada un dos parámetros do Plan, incluídas as axudas ao funcionamento. O recorte exposto por Europa sumado ao do Goberno español aboca, sen dúbida, ás explotacións mineiras a un peche inmediato coa consecuente perda de emprego e coas graves consecuencias económicas que esa decisión supón.
ESTA DECISIÓN DO GOBERNO SUPÓN:
- Unha reducción nas Axudas á produción dun 63,2%
- Unha reducción nas inversións do 39,17%
- Unha reducción nas Axudas ás Empresas alternativas ao carbón do 76,6%
- A eliminación total da Formación e Bolsas que caen nun 99,96%
- E o máis grave: a eliminación dos fondos para Seguridade Mineira.
Este incumprimento do Plan prexudica gravemente ás comarcas e municipios mineiros en todos os seus aspectos, moi concretamente no apartado de Infraestruturas e de axudas empresariais ás empresas que decidan instalarse nas zonas e comarcas mineiras, eliminando calquera posibilidade de Reactivación das Comarcas Mineiras, tal e como estaba pactado.
Esquerda Unida de Vigo, O Partido Comunista de Galicia e a Xuventide Comunista como forzas internacionalistas e de clase, consideramos indispensable que, independentemente da situación geográfica das concas mineiras, recoñezamos o papel socio-económico que aínda desempeña a minería do carbón nesas zonas, e pide o apoio decidido as reivindicacións dos traballadores e traballadoras da minería, da cidadanía que vive e quere seguir vivindo nelas, dos concellos e comarcas afectadas e do sector do carbón en xeral.
Reclamamos, unha vez que foron rexeitadas as emendas presentadas polo noso Grupo Parlamentario no trámite parlamentario dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), que o trámite dos Orzamentos Xerais no Senado recolla emendas que modifiquen os orzamentos PGE, concretamente as que:
1. Permitan cumprir integramente os compromisos adquiridos e asinados no Plan Nacional de Reserva Estratéxica do Carbón 2006/2012 e novo modelo de desenvolvemento integral e sustentable das comarcas mineiras, en todos os seus parámetros de axudas: producións, emprego, recolocaciones e reactivación nos seus diferentes parámetros como proxectos empresariais, proxectos de infraestruturas, formación e bolsas.
2. As que posibiliten a firma inmediata dos convenios de infraestruturas das distintas convocatorias, aprobados nas Mesas Rexionais da Minería e en tramitación no Ministerio de Industria.
PEDIMOS un novo Plan Estatal de Reserva Estratéxica do Carbón 2013/2018 negociado cos grupos políticos e cos sindicatos de traballadores e traballadoras. Este novo Plan debe ter un claro obxectivo de dar unha alternativa socioeconómica, no marco do desenvolvemento sustentable, ás zonas e comarcas mineiras que seguen vivindo con preocupación o peche das explotacións mineiras e reclaman o seu dereito a ter oportunidades de futuro que só pode vir cunha clara aposta pola diversificación económica e pola inclusión no novo Plan Enerxético Nacional do papel que, no desenvolvemento das enerxías alternativas poden xogar as zonas e comarcas mineiras.
Solicitamos aos seus grupos institucionais que presenten iniciativas políticas de apoio á mobilización e de esixencia de alternativas de futuro socioeconómico sustentable para as zonas e comarcas mineiras.
Expresamos o noso apoio e solidariedade coa folga que están a seguir as zonas e comarcas mineiras en defensa do seu futuro.
Finalmente, apoiamos publicamente as mobilizacións e reivindicacións expostas nas zonas e comarcas mineiras, no traslado das mesmas mediante marchas e mobilizacións a Madrid, apoiamos ás organizacións sindicais, aos traballadores e traballadoras e á cidadanía das comarcas mineiras, e facemos un chamamento a toda a cidadanía viguesa a visualizar que a solidariedade de clase e necesariamente internacionalista
VIVA A LOITA MINEIRA
POLO FUTURO DA NOSA INDUSTRIA
Etiquetas:
carbon; mineiria; pcg; xc,
Esquerda Unida
Suscribirse a:
Entradas (Atom)