martes, 31 de enero de 2012

DÚAS NOVAS

Hoxe aparecen en dous medios, Público e a edición española da BBC as seguintes novas:

CUBA, SIN DESNUTRICIÓN INFANTIL:
http://www.bbc.co.uk/mundo/cultura_sociedad/2010/01/100126_1823_unicef_cuba_gz.shtml

ATENAS REPARTE VALES DE COMIDA ANTE LA DESNUTRICIÓN DE SUS ESCOLARES
http://www.publico.es/internacional/419615/atenas-reparte-vales-de-comida-ante-la-desnutricion-de-sus-escolares

Poucas veces foime tan fácil escribir un post para resumir o verdadeiramente importante de ese concepto que os europeos empeñámonos en chamar democracia.

lunes, 30 de enero de 2012

Todo Vigo: Video: HOMENAXE A MERCEDES NÚNEZ

Todo Vigo: Video: HOMENAXE A MERCEDES NÚNEZ: A COMISIÓN PARA A HOMENAXE A MERCEDES NÚNEZ, o FORO POLA MEMORIA DE GALICIA e o PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA: presetnaron o acto que cel...

lunes, 23 de enero de 2012

O ENÉSIMO ASALTO AO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

Rubén Pérez Correa
Coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo

O debate actual sobre o futuro das pensións pasa por ser un debate profundamente definidor das ideoloxías dominantes. Por un lado os que seguimos pensado que as pensións non son máis que un dereito básico procedente do traballo asalariado, considerado como parte do chamado salario diferido, que non se cobra de xeito inmediato senón no momento en que se deixa de traballar por xubilación ou ben por incapacidade. Pero por outro lado os que consideran que a pensión e un “luxo” e un custo laboral que un país en crise non pode soportar e que polo tanto as cotizacións son custos que os empresarios e estado teñen que amortizar de xeito que fagan sostibles a economía.

Neste contexto enmárcase a reforma das pensións formulada polo goberno en febreiro de 2011. Unha reforma plantexada nun inicio esencialmente sobre a base de alongar a idade de xubilación ao 67 anos para todos os supostos pero matizada tralo acordo coas organizacións sindicais ao establecer varios supostos para alongar ou manter a idade de xubilación. O goberno ten sistematicamente argumentado, tanto na etapa socialista como na actual popular, que o camiño elixido para solvertar a dispoñibilidade do sistema de pensións é a política de recortes. Así no documento de 2009 elaborado polo goberno chamado “Actualización del Programa de Estabilidade. España. 2009-2013”, elaborouse unha nucleada aposta polos recortes: “Cada año que se retrase la idade legal de xubilación se reduciría en un punto del PIB el gasto en pensións; cada año que se amplíe el número de años para el cómputo de la pensión se podería obter una redución adicional de 0,2 puntos porcentuais”(páx. 41 do documento).

Esta explicación xunto coa perdida brutal de cotizantes na seguridade social foron caldo de cultivo perfecto para que esa reforma se leve a cabo e que incluso as organizacións sindicais acepten “o mal menor” ante o empuxe neoliberal. ESQUERDA UNIDA considera entón a medida do Goberno era innecesaria e desproporcionada. Mesmo neses momentos de crise o sistema público de pensións gozaba dun superávit de 8.000 mil millóns de euros e contaba cun Fondo de Reserva de 60.000 millóns. A pesar destas cifras, Rodríguez Zapatero utilizou o argumento alarmista de que a evolución da pirámide demográfica fai inviable o futuro das pensións e por iso había que recortar o gasto. Con esa reforma, o Goberno de Zapatero desacreditaba o sistema público de pensións e cedía ante os bancos e o poder financeiro, principais beneficiarios do sistema privado de pensións e verdadeiros culpables da crise.

Dende entón os ataques continuos contra o sistema público de pensións están a orde do día, primeiro con esa reforma cunha intencionalidade clara e que non tiña nada que ver coa crise nin coa creación de emprego. O primeiro, favorecer a implantación de plans privados de pensións, a cuxa rápida implantación convidou Rodríguez Zapatero. Neste tempo de crise de apertura de hipotecas e outros produto bancarios, son un excelente negocio para os bancos e as aseguradoras e a súa introdución como fondos complementarios no noso sistema público de pensións significa a desnaturalización do mesmo e a súa transformación nun modelo insolidario de dúas velocidades: unha, a da maioría, con salarios baixos e períodos de desemprego frecuentes, que terá pensións baixas e non poderá contratar nin pagar fondos complementarios, e outra, a daqueles con altos salarios que si poderán facer fronte ás cotas deses fondos e lograr pensións suficientes.

O segundo, feito emanado dos debates europeos sobre os sistemas públicos de pensións, garantir que o Estado podería apoiar a renegociación da débeda da banca privada. Os bancos alemáns e franceses poderían cobrar e a banca española podería recapitalizarse.

É obvio que con máis de cinco millóns de parados, cun fraude fiscal equivalente ao 23% do PIB (que afecta esencialmente á Seguridade Social porque é fraude nun 83% de orixe empresarial), con aproximadamente 800.000 traballadores sen ser dados de alta na SS segundo datos do sindicato de técnicos de facenda GHESTA,...vai ser difícil soportar a viabilidade futura do sistema público de pensións pero por iso as medidas a adoptar teñen que cambater estes problemas e non artellar unha alternativa neoliberal que simplemente mellora a conta de resultados da banca (non esquezamos que grandes dos argumentos do goberno socialista sobre o futuro colapso do sistema público de pensións tiñan como orixe estudos económicos do BBVA). Polo tanto crear emprego, loitar contra o fraude fiscal e mesmo artellar a incorporación real das mulleres ao mundo laboral son medidas moito máis eficientes que recortes ou trabas no acceso á xubilación dos traballadores e traballadoras.

É radicalmente falso que o estado español gaste moito en sistema público de pensións e que os incrementos do PIB neste campo nos vindeiros anos fagan insostible a economía española. Como argumentaba ESQUERDA UNIDA no debate parlamentario “non é o mesmo o 8 por cento hoxe do PIB no sistema de pensións que o 14 por cento no ano 2040, cuxa equivalencia con hoxe pode ser de 250 a 100 en termos de produción”. O estado español a día de hoxe móvese en gasto no sistema público de pensións moi por debaixo da media europea e incluso os incrementos actuais por mor da crise son sostibles sempre e cando o goberno evite actuacións pasadas como as “vacacións fiscais aos empresarios” que en termos do propio FMI supuxeron 30.000 millóns de euros ao monto dos ingresos das arcas públicas. En 2011 gastamos en pensións contributivas en torno ao 10% do PIB. En 2040 gastaremos, o 14%. Hoxe hai xa países como Italia que xa gastan ese 14 %. Francia gasta xa o 12%. As nosas pensións medias son das máis baixas de Europa e o número de pensionistas comparado coa poboación tamén é dos máis reducidos.

¿Como faremos viables o noso sistema público de pensións?. Dende logo as apreciacións do goberno non coinciden coa realidade deste momento, que pasa por recoñecer que:

Antes da reforma o estado español xa era un dos países de Europa cunha idade “real” de xubilación máis alta (63 anos e 10 meses).

É verdade que haberá máis pensionistas no futuro, pero tamén é verdade que haberá máis cotizantes e con cotizacións máis altas. O problema non é demográfico, senón de vontade política. Pódense facer cotizar os contratos que están na economía mergullada, pódese evitar que as mulleres gañen un 30% menos que os homes e, por tanto, coticen menos, pódese elevar o salario mínimo (un dos máis baixos de Europa), pódese facer cotizar aos bolseiros e investigadores (no seu maior parte son contratos laborais encubertos) pódense elevar as cotizacións máximas (a base máis alta son 3.198 euros/mes; a partir de aí xa non se cotiza máis).

O asalto ao sistema público de pensións non é lóxica macroeconómica ou decisións técnicas, son actuacións políticas enmarcadas dentro do enésimo intento de facer negocio cos dereitos de traballadores e traballadoras.

miércoles, 11 de enero de 2012

INAGURAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE A CAMARADA MERCEDES NÚÑEZ TARGA

Dende onte permanece aberta na Galería Sargadelos de Vigo (Rúa Urzáiz 17) unha exposición retrospectiva sobre a vida de MERCEDES NÚÑEZ TARGA (Barcelona 1911-Vigo 1986) militante comunista que pasou pola experiencia terrible do campo de concentración nazi de Ravensbrüch e da que recentemente veñen de ser publicadas por primeira vez en castelán as súas memorias sobre esta terrible experiencia.

Mercedes Nuñez viviu nos derradeiros anos da súa vida en Vigo, cidade que lle ten adicado unha rúa no barrio de Coia.

A exposición consta de varios paneles explicativos elaborados polo CENTRO GALEGO DE BARCELONA e a asociación MEMORIAL DEMOCRATIC de Catalunya.

A exposición estará aberta ate o 31 de Xaneiro