jueves, 29 de septiembre de 2011

CORTINA DE FUME PARA A ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

Para que vale unha ÁREA METROPOLITANA? pregúntanse estos días moitos vigueses e viguesas. Pois si persiste a actitude da"curia" de alcaldes e da Deputación posiblemente para nada. Que se artelle un ente supramunicipal e o debate sexa quen preside, que partido ten máis cuota nos órganos reitores ou que a deputación dinamite o proceso non axuda a explicar claramente as potencialidades dun área metropolitana.

Porque o que ninguén pon enriba da mesa e que mediante un área metropolitana podemos a cidadanía ver abaratados os costes de servizos municipais básicos como transporte, lixo, auga e mesmo servizos sociais e asistenciais. Porque os concellos enrolados nunha estructura supramunicipal poden crear empresas públicas metropolitanas que eviten a rapiña que Acualias, Vitrasas e Koplowitz levan anos facendo mediante o oprobio da concesión privada de servicios públicos. Ou van a decir que non é rentable unha empresa metropolitana de transporte público (como en Madrid ou Barcelona) que ten un área de servicio de casi medio millón de habitantes?

Porque a área metropolitana pode e deber ir restando poder (económico pero tamén de trifásico laboral) a ese cancro administrativo que é a Diputación de Pontevedra. Esta mesma que di que "estamos creando outro mamotetro institucional" para xustificar o seu reinado no concurso de beleza dos "mamotretos".

Quen centra o debate na presidencia da área, no excesivo número de administracións que soportamos os galegos e galegas ou en cantos sillóns ten cada partido no ente reitor sabe perfectamente que a área ten que nacer morta, porque viva ven a eliminar paulatinamente cargos e gastos que micro e macro concellos e diputacións veñen facendo dende fai anos.

Debatamos sobre o real, que non é outra cousa que os servicios e a que precio imos disfrutar os cidadás. O restro e unha interesada cortina de fume dos grandes partidos da nosa área.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

viernes, 23 de septiembre de 2011

¿QUÉ HAI DETRÁS DO PROCESO DE BANCARIZACIÓN DE NOVACAIXAGALICIA?

Dende fai moitos anos a Banca privada pretende que desaparezan as caixas de aforros semipúblicas, entidades de orixe público e que atesoraban máis do 50% do aforro familiar do estado. En 1996 coa chegada de Aznar á presidencia do goberno a AEB (Asociación Española da Banca) dirixiuse en numerosas ocasións ao goberno para que privatizara ás caixas e con elas dera acceso á banca privada e ao capital especulativo dos golosos fondos das mesmas, esencialmente o aforro familiar.

A crise financiera que vivimos (xunto coa mala xestión dos consellos de dirección das caixas e nula planificación de crecemento vexetativo da súa rede de oficinas) é unha excusa perfecta para que a Banca privada, coa inestimable axuda dun goberno do PSOE posto de xeonllos ante o capital e o poder financiero, consigan que se convirtan as caixas de aforros en bancos, de forma rápida e sen que os impositores teñan acceso a unha información de que vai pasar cos seus fondos e quen vai a empregar os nosos aforros e en que operacións especulativas.

O que se trata e de que a Banca acceda de xeito legal aos fondos das caixas, ao seu inestimable patrimonio inmobiliario, que se desartelle a obligatoria obra social do sistema de caixas de aforros que obriga a que o 17% do beneficio adíquese á mesma. Non é extrano que o maior especulador financiero privado, JC Flowers, individuo que tiña o 25% do Hipo Real Estate Bank, banco alemán que o goberno nacionalizou ante a súa quebra, aterrice en Peinador uns días despois de coñecerse a definitiva bancarización de NCG.

ESQUERDA UNIDA de Vigo creemos firmemente que estamos asistindo ao maior roubo cometido á cidadanía, que ninguén nos preguntou se queremos ter os nosos aforros en banca privada, se queremos que fondos de inversión de capital risco xestionen os fondos da caixa. Os miles de vigueses e viguesas co alcalde á cabeza que protestaban porque o centro de decisión da NCG quedaba xeográficamente en Coruña deberían agora protestar dobremente porque o centro de decisión da nova ente financiera vai quedar en paraísos fiscais ou en mans dos “buitres do sistema financiero”.

Esquerda Unida fixo pública recentemente a súa proposta de intervención e saneamento das caixas de aforro para garantir o crédito ás pequenas empresas e as familias, e contribuír á creación dunha Banca Pública, que permita financiar o cambio de modelo produtivo. Nesas datas o Goberno anunciaba o seu proxecto de acelerar a privatización bancaria desas mesmas caixas con diñeiro público. Parece que as caixas entraron dentro dos saldos de xaneiro para maior beneficio do capital financeiro e fronte ás necesidades reais da economía do país.

EU DEFENDE E CHAMA A MOBILIZARSE POR:
  • Unha nova caixa pública ou entidade de aforro e crédito non especulativa fomentada dende o Concello de Vigo de acordo coa formativa legal que así o permite e en réxime de cooperativa, sobre o modelo das actuais Caixas Rurais
  •  Nacionalización da Banca e das Caixas que sexan participadas polo FROB en máis dun 50%. - Control estatal do patrimonio inmobiliario e cultural das caixas de aforros bancarizadas
  • Prohibición das SICAV (sociedades de Inversión de Capital Variable) que van a especular cos fondos financieros do Banco NCG

COMEZA EN VIGO A CONVOCATORIA SOCIAL POR UNHA ALTERNATIVA PROGRAMÁTICA