Coherentemente co feito de que ESQUERDA UNIDA ten reiteradamente denunciado ante a UNION EUROPEA as desfeitas medioambientais provocadas pola deficiente rede de depuración de aguas, os recheos e usos especulativos do litoral na nosa ría chamamos hoxe a a participar na manifestación deste vindeiro Domingo 27, contra os recheos na Ría de Vigo.
A manifestación a convoca a rede de colectivos A Ría Non Se Vende (http://arianonsevende.nireblog.com/) ás 12:00 da rotonda das áncoras de Bouzas e rematará na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular contra @s responsábeis da Autoridade Portuaria de Vigo por estragar a nosa ría.
É lamentable ver como no capitalismo en crise a política de control de custos empresarial devengada (que ten nos custes loxísticos un foco especial) consiguen empregar as nosas costas en beneficio propio, a así empresas de automoción como SEAT ou CITROËN, Regasificadoras como a do Musel en Xixón ou Reganosa en Ferrol, grandes operadoras de contedores ou estaleiros privados, son capaces de condicionar a morfoloxía das nosas costas a cambio do chantaxe dos postos de traballo, argumentando se non conseguen espazos loxísticos baratos coa deslocalización produtiva. Os concellos son presionados por intereses capitalistas, pero en ocasións lamentablemente pola cidadanía enrolada nesa masa amorfa coñecida como “opinión pública”, se pliegan a estes intereses asustados máis por previsibles enquisas electorais que polo cumprimento da legalidade medioambiental e urbanística.

Nun contexto de crise capitalista o aproveitamento especulador do noso entorno faise máis patente, o todo vale dun sistema de acumulación especulativa multiplícase exponencialmente co que respostas como esta da cidadanía son imprescindibles.
Polo tanto pedimos PP, BNG, PSOE, presentes en moitas corporacións e institucións do noso país unha denuncia pública e real do que se está a aprobar en plenos e comisións. O lamentable exemplo de Reganosa é significativo de este feito.