jueves, 23 de diciembre de 2010

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE A MAIOR PARTE DOS VIGUESES DESCOÑECE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS APROBADAS

EU cree que os 20.000 euros tirados en cartelería panfletaria de "ALCALDÍA" poderían ter sido investidos en divulgalas.
O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez suliña que nas parroquias case todos os vecinos consultados por ESQUERDA UNIDA descoñecen que existen axudas para sufragar o custe da ITE (Inspección Técnica de Edificios), inspección obrigatoria que está xenerando un malestar importante aos vecinos con ingresos por debaixo do SMI.

Igualmente Rubén Pérez suliña que as ordenanzas aprobadas polo Concello de Vigo para 2011 non contemplan o escenario de 28.916 parados en novembro e de problemas importantes de exclusión social xa que moitas delas somentes bonifican por exemplo á familias numerosas independentemente da renda, polo que EU proporá que sexan de acordo á renda, proponiendo que o custe, por exemplo da ITE, sexa asumida polo propio concello para aquelas pensións non contributivas, ou donde todos os membros se atopen en situación de desemprego ou con ingresos por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.

A importancia da publicación e promoción das ordenanzas municipais é importante especialmente en tempos nos que os orzamentos municipais decrecen pola baixada de impostos indirectos e directos e transferencias de outras administracións. Os máis de 20.000 euros despilfarrados polo Alcalde en crear unha administración paralela ó Concello chamada “alcaldía” poderían servir para que cada cidadán de esta cidade recibise unha carta informando dos dereitos e dos deberes contídos nas ordenanzas.


SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE EU VIGO
eu-vigo@esquerdaunida.org

miércoles, 15 de diciembre de 2010


ESQUERDA UNIDA DE VIGO chama a cidadanía viguesa a impulsar e participar na mobilización do 18 de decembro convocada por CCOO e UXT en Vigo


O coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e candidato nas vindeiras eleccións municipais, Rubén Pérez Correa, recorda que xa son palpables na nosa cidade os efectos da reforma laboral do PSOE. O coordenador de EU coincide con CCOO na necesidade de outra folga xeral canto antes ante a situación límite de centos de traballadores activos ou desempregados na nosa cidade.

Rubén Pérez denunciou hoxe que a formación de esquerdas está constatando o aumento dos despedimentos en técnicos e profesionais cualificados (hay un aumento dun 18% nos despedidos no mes de novembro con titulación universitaria con respecto ao 2009) feito relacionado coa posta en vigor da reforma laboral xa que antes as empresas non os despedían polo custe da indemnización. Igualmente EU denuncia que esta reforma está precarizando o emprego na nosa cidade ante a evidencia de que case todos os contratos creados nas oficinas de emprego de Vigo son eventuais ou simplemente precarios.

Para ESQUERDA UNIDA trala primeira fase de loita contra a Reforma Laboral, que culminuo na Folga Xeral, e necesario reforzar un calendario de mobilizacións ante as gravísimas consecuencias que a reforma laboral está xenerando na nosa cidade. Dende empresas do sector do metal, auxiliares do naval ate fundacións públicas ou privadas están empregando as causalidades do despido obxetivo que contén a reforma do goberno para despedir a parte ou total da súa plantilla con 20 días por ano.

Por iso ESQUERDA UNIDA chama á cidadanía a participar activamente na movilización do sábado 18 ás 18 horas dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz