A cidade de Vigo atópase inmersa nunha dobre crise política e económica, que empezou antes da recesión económica internacional, pero que eses feitos agravaron de maneira insoportable. Os vigueses e as viguesas sufrimos un goberno municipal despilfarrador, que acentúa as desigualdades sociais a favor dos intereses económicos privados do noso municipio, destrúe o territorio, menospreza o noso patrimonio histórico, cultural e natural mediante a aprobación dunha PXOM ilegal e especulador. Todo iso mentres a economía real dos cidadáns afúndese sen ningunha administración faga nada.
O incremento do paro e a precariedade do emprego é xa endémico, como consecuencia do colapso dun modelo de crecemento baseado na construción e a especulación inmobiliaria que abandonou á súa sorte aos sectores tradicionais industriais.
Mentres tanto, seguindo a lóxica neoliberal, os servizos públicos continúan sendo degradados ou convertidos en obxecto de negocio privado a través de tramas empresariais vinculadas a gobernos políticos municipais, estatais ou auutónomos.
Visto este panorama resulta irrenunciable a construción dunha alternativa real á política que se desprega desde institucións como o Concello de Vigo. Porque cremos nun futuro diferente necesitamos unha esquerda que non só faga oposición senón que articule unha verdadeira alternativa política, económica, social e cultural.
Os resultados dos últimos procesos electorais puxeron en evidencia dúas realidades obxectivas que hai que ter en conta. A primeira delas é que ESQUERDA UNIDA é a única formación política con activos suficientes para encabezar a alternativa ao bipartidismo desde a esquerda. A segunda é que, a pesar de que segue sendo con moita diferenza a formación da esquerda alternativa con maior implantación, presenza e peso electoral, por agora non é suficiente. Fai falta moita máis xente para articular unha esquerda máis forte e mellor organizada que sexa capaz de dar resposta ás necesidades da sociedade.
Desde hai moito tempo EU tratou de impulsar estratexias para facer converxer os anhelos de transformación nunha alternativa política. E, admitindo algúns éxitos parciais, habemos de recoñecer que estes intentos acabaron fracasando por varios motivos. Por unha banda, as estratexias de converxencia dirixíronse exclusivamente ao ámbito institucional en forma de alianzas políticas entre organizacións que, ou ben eran moi minoritarias e cunha escasa influencia social, ou ben eran refractarias á asunción de programas alternativos xa que os seus horizontes estratéxicos eran moi diferentes.
Se aceptamos que a estratexia de coalicións atópase superada pola realidade, aos vigueses e viguesas de esquerda unicamente quédanos un camiño: a converxencia da esquerda social ao redor de EU xerando unha dinámica de participación. Por tanto, hai que convocar ás persoas que se identifican coa esquerda alternativa e que nestes momentos non atopan suficientes motivos para colaborar activamente a enfrontarse politicamente co neoliberalismo e a corrupción. Esta convocatoria debe representar todas as cores que conforman o espectro alternativo, apelando aos diferentes matices ideolóxicos (socialdemócratas, comunistas, libertarios, republicanos...), os diferentes movementos sociais (sindicalistas, ecoloxistas, feministas...) e as diferentes adscricións identitarias (desde o federalismo até o nacionalismo de esquerdas). Hai que convidar ás outras formacións minoritarias da esquerda viguesa a compartir o impulso deste proceso, pero débese facer desde a base e atendendo especialmente ás achegas individuais. Un proceso aberto, cunhas normas de funcionamento recoñecidas e claras que faciliten a participación pero renunciando explicitamente a deseñar un resultado final predeterminado.
Un dobre horizonte temporal debe condicionar a axenda da convocatoria. A curto prazo, hai que afrontar un obxectivo específico e inmediato: as eleccións municipais de 2011. Desde esta perspectiva, a convocatoria débese dirixir á conformación de un programa electoral para o noso municipio. Entendemos que é imprescindible vincular os dous procesos por facelos converxer nun só: a resposta á problemática local débese vincular coa máis xeral de Galicia e do Estado. Tan evidente é que a inmensa maioría dos problemas especificamente locais non atoparán solucións (nin tan sequera parciais) sen cambios políticos máis xerais, como que a alternativa nacional non ten sentido sen o impulso e a achega desde os barrios e as localidades. O traballo débese facer de abaixo cara arriba, empezando polos ámbitos máis próximos, pasando pola articulación de propostas de ámbito comarcal e acabando coa definición de estratexias para o conxunto do País.
Pero non podemos entender este fito inmediato como un punto de chegada. Ben ao contrario, debe supor o punto de partida da refundación da esquerda viguesa. Este debe ser o verdadeiro obxectivo, coa perspectiva da transformación da realidade da nosa cidade, e os homes e mulleres de EU imos poñer todo o noso activo ao servizo do mesmo. A recuperación dos espazos políticos perdidos, e a xeración de novos, só poderá conseguirse con formulacións radicalmente democráticas que presupoñen a participación cidadá na toma de decisións.
Para construír a alternativa tamén hai que rexenerar a política. A desmovilización cidadá non é un problema menor nin conxuntural senón consecuencia directa da perda de confianza nunha clase política que se percibe afastada, endogámica e corporativa, cando non directamente corrupta. Para combater a degradación democrática, a esquerda debe basear a súa acción nos principios da ética, a transparencia e a austeridade, demostrando na práctica cotiá que “outra maneira de facer política é posible”.

OPINA E APORTA A ESTE DOCUMENTO: